O 061 asistiu a 64 persoas en accidentes de tráfico nesta fin de semana, das que unha morreu

O domingo foi a xornada con máis incidentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2019 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 64 persoas debido a 49 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas, das que unha morreu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 15 e as 23,59 horas deste domingo 65 chamadas en relación con sinistros de tráfico. O domingo foi a xornada con máis incidentes, cun total de 24.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 59. En concreto, as ambulancias realizaron 55 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria que prestaron asistencia en catro accidentes.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións recibiron atención no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida situouse no 59 por cento e a de mulleres, no 41%. En canto ás idades dos feridos, o 30% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña, con 22 accidentes, foi a provincia con máis sinistros de tráfico durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 13; Lugo, con dez; e Ourense, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta