O Cupón da ONCE deixa na Coruña un soldo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos

Por E.P. | A CORUÑA | 18/11/2019 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

O Cupón Fin de Semana da ONCE deixou un 'Sueldazo' de 2.000 euros ao mes durante 10 anos na Coruña no sorteo do pasado sábado, 16 de novembro.

Segundo informou a entidade, o vendedor da ONCE Francisco Javier Martínez Mesejo, que ten o seu punto de venda na rúa Cantón Grande, vendeu na Coruña o cupón agraciado con este 'Sueldazo' que suma un premio de 240.000 euros en 10 anos.

O cupón do sábado 16 de novembro estaba dedicado ao 30 aniversario do programa 'Xente viaxeira' de Onda Cero, lembrou a ONCE nun comunicado.

Diñeiro
Diñeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta