Ferido un home tras envorcar a cisterna enganchada ao tractor que conducía en Rois

A causa do accidente a circulación quedou bloqueada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O condutor dun tractor resultou ferido na mañá deste luns despois de envorcar a cisterna enganchada ao vehículo agrícola que guiaba pola estrada vella de Santiago a Noia ao seu paso polo termo municipal de Rois.

Segundo informou o 112 Galicia, a causa do accidente a circulación quedou bloqueada, pois o tractor e a cisterna ocupaban practicamente toda a calzada.

Sobre este incidente alertou un particular que chamou ao 112 Galicia pouco antes do mediodía. Tras iso, activouse un operativo no que participaron, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro e membros do GES de Padrón, aínda que descartaron intervir en canto comprobaron que o condutor do tractor estaba liberado e accesible.

Con todo, a persoa necesitou asistencia e foi atendido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo lugar do accidente sen que fose necesario o seu traslado.

En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico para atender o home ferido, J.P.G., de 45 anos, que recibiu a alta voluntaria no lugar do sinistro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta