Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

28 Pato Mareado

Alucinante!. Como pode Óscar Lomba estar na Coordinadora Nacional da Anova Irmande Nacionalista e tamén no Consello Político Nacional de Comromiso por Galicia???

27 xoan meis

Cando se xunten con cuiña iunior eu quero a foto,non está mal perdedes no camiño a xente como causa galiza (para mi admirabeis e amigos)e gañades social-demócratas-fillo-caciquis.Enhoraboa non antisionistas!

26 saña

Unha pregunta , cantaron o himno galego ou con tanto altermundismo esqueceronse das suas raices? as nova non din nada o respecto, so que nin a nosa bandeira presidia o acto.

1 Pindo

Saña: Xa podes pasar por caixa, xa fixeche o traballo de cipaio

25 O vello e o mal

Tratandose de Beiras e os seus marichis quedaballe millor Super Nova que ese análise estádistico que se chama Anova (son pixos ate para poñerse nome)

24 O vello e o mal

Tratandose de Beiras e os seus marichis quedaballe millor Super Nova que ese analise estadistico que se chama Anova (son pixos ate para poñerse nome)