Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

8 Exixo esplicacións

Información que proporciona Filipe Diez: "os pesos pesados do Encontro Irmandiño tomaron a palabra para se oporen ás emendas que defendían tanto o predominio das asembleas sobre os organismos colexiados nacionais como a igualdade plena entre militantes." "O documento político é aprobado por amplísima maioría: • 333 votos a favor, • 11 votos en contra, e • 22 abstencións." 350 PERSOAS E NON APROBAN A IGUALDADE ENTRE OS MILITANTES NIN O PREDOMINIO DAS ASEMBLEAS??????????????

7 Jeque Yasin is alive

Disque houbo unha forte debate arredor de se declararse antisionistas ou non. alguén ten mais informacion sobre en que quedou a cousa?

1 peonza gravite

penso que a maior tension foi arredor dos pactos electorais , e ficou claro que gravitarán entorno a Compromiso

6 Exixo esplicacións

Ninguén do Sanedrín vai dar explicacións sobre este FRACASO SIN PALIATIVOS?? 400 tristes persoas ? Era mentira que houbera 2000 inscritos ou é que agora nos imos crer que Causa Galiza ten 1.600 militantes que decidiron non ir? ¿ Pero quen se cre isto? Se había menos xente que cando se decidiu por aclamación marchar da outra fronte!!

1 Exixo esplicacións

Cantos militantes ten a FPG? Que vai pasar cando se concrete a coaligazón con Máis Bascuas e Acción Cuiña e marchen os da FPG? Cantos militantes marcharán coa FPG?

2 Linterneiro2

Marcharan coa FPG, agardamos que pronto, todos os que simpatizan coa FPG, é dicer poucos, pouquiños, pouquiños...

5 Yahamoto

Menudo fiasco, só están presentes o 25% da xente que agardaban. Compromiso por Galicia, Causa Galiza, Colectivo Nacionalista de Marín e a metade da tropa da FPG pasan deles. Pero que esperaban?

1 unha

A FPG si que participa, non mintas.

2 Yahamoto

Le ben "una", dixen que a metade pasa deles, u-lo Ferrín?

3 Derbi Variant

Compromiso si que participa , le bem a nova

4 Yahamoto

Pois se participan (moitos que eu coñezo están nas súas casas) que tristeza...case 600 persoas...en fin, vos mesmos se queredes enganarvos.

5 Macagondiola

E logo Ferrín é a metade da FPG? Non digas parvadas. A FPG aderiu.

6 gafas con ive

Ferrín andivo por alí, e non é tan pouca cousa como para non velo.

7 DigoEu

Ferrín ANDOU por alí.

8 Para tí a burra

Tamén, o carallo e que estivo, él e uns cantos máis.

4 Independencia e Socialismo

Anova organización non será nada diferente aos partidos clasicos.En un primeiro momento tera un grande resultado eleitoral,se é quen de explotar o seu grande activo que é Beiras,mas a longo prazo ira esmorecendo pola inconsistencia de unha militancia escasa e sen consistencia ideoloxica.Cando menos espero que corte o paso a esquerda de matriz española,IU e ao neo-Lerrouxismo de UpD na sua tentativa de asalto ao parlamentiño.Eses tres partidos loitaran por un calado de votos de desencantados con a plitica e as organizacions tradiccionais PP-PSOE,e tamen BNG ainda que en menor medida.

1 Rabuñán

Oe, aínda non naceu e xa lle estamos a poñer trabas? O que sexa, quen o ten que sentenciar son os propios militante, simpatizantes e en primeiro lugar os votantes, vale?

2 Digo Fabra , Diego Fabra

Para que debaten uns principios politicos aos que lles van dar as costas para a primeira festa electoral pactando con CxG ?

3 mirandés

pois polo mesmo que se debaten no bloque para logo pactar cos españolistas do PSOE, non hai nada mellor que facer.

4 claaaro mirandés

non me digas que o Bloque vai en coalición electoral co PSOE como ides ir vos co fillo de Cuiña