Quen é o partido "máis cheo de lixo e de podremia"?

Populares e socialistas manteñen unha lea na Cámara a conta dos seus distintos casos de corrupción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

"Vimos falar de lodo, de lodos, de detritus e de podremia. Algún pensará que podemos estar a falar do Partido Socialista". Así iniciou a súa intervención ante a Cámara o deputado do PPdeG Gonzalo Trenor para defender unha proposición non de lei sobre o saneamento da ría do Burgo, na Coruña.

A iniciativa, debatida na tarde deste martes na sesión plenaria que acolle o Parlamento de Galicia, propón reclamar información ao Goberno central sobre os avances para o dragado da ría do Burgo e que se comprometan a buscar os fondos europeos para esta actuación, así como a definición dun cronograma "realista" para a súa execución.

"É verdade, quen ten capacidade para falar de detritus e lixo é o PP: o único partido condenado por corrupción", espetou na súa intervención Begoña Rodríguez Rumbo (PSOE) na súa quenda de palabra durante un pleno que, ao longo deste martes, estivo marcado pola rifa entre os deputados do grupo maioritario e os da oposición, especialmente naqueles puntos relacionados coa violencia de xénero.

Ría do Burgo
Ría do Burgo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Censuranon

O que cumpre entendermos é que a corrupción no Reino de España é sistémica. O organigrama da Transición é o seguinte: alternancia PSOE/PP(inicialmente UCD) onde sexa posible e CiU/PSOE ou PNV/PSOE onde non. Para garantir a hexemonía absoluta deses partidos e pechar o paso aos "rojo-separatistas" dá-se a eses partidos carta branca para financiárense da maneira que consideren oportuna. Esa barra libre atrae cara a política todo tipo de abuitres oportunistas (a cultura do "pelotazo"). A xustiza actúa con severidade contra calquera político corrupto fora deses partidos (pensemos nos Conde, Gil, Ruíz Mateos, etc), pero blinda as forzas sistémicas e manda parar en falso calquera causa que se achegue demasiado ao cerne da cuestión (caso Naseiro, operación Nécora, Pujol a chupar dos Fondos Reservados, etc). A Casa Real, obviamente, tamén está blindada. Eis o rexime herdado da Transición.