Temas: SERGAS A CORUñA

"Compromiso" do Sergas para pór en marcha na Coruña o centro de saúde de Santa Lucía

Por E.P. | A CORUÑA | 19/11/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, trasladou ao concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña, Juan Díaz Villoslada, "o compromiso da Consellería de Sanidade para pór en marcha o centro de saúde de Santa Lucía", informa o departamento autonómico.

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e  o concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Díaz Villoslada, abordan proxectos sanitarios na cidade
O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e o concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Díaz Villoslada, abordan proxectos sanitarios na cidade | Fonte: Europa Press

Fíxoo nunha reunión, que tivo lugar no Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro. Nela, o xerente pediulle ao concelleiro "o máis axiña posible, o proxecto necesario para que a Administración sanitaria galega garanta o centro de saúde, cunhas dimensións adecuadas e cunha fácil accesibilidade desde a rúa", precisa a Consellería de Sanidade.

Para estes obxectivos, a Xunta require uns 1.500 metros cadrados. Esta petición xa lla trasladou a Consellería de Sanidade ao anterior goberno municipal da cidade.

Na reunión, tamén se abordaron as obras que se están executando no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), entre outras cuestións.

Temas: SERGAS A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta