Temas: INDUSTRIA ALCOA

O comité europeo de Alcoa e a dirección abordan posibles recortes

Representes sindicais da empresa en toda Europa analizan en Madrid o futuro das factorías da multinacional.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/11/2019 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Representes sindicais de Alcoa en toda Europa analizan en Madrid, entre este martes e mércores, o futuro das factorías da multinacional nun comité europeo coa ameaza sobre os traballadores do recente anuncio de recortes realizado pola dirección da multinacional.

Manifestación en Viveiro en apoio aos traballadores de Alcoa-San Cibrao
Manifestación en Viveiro en apoio aos traballadores de Alcoa-San Cibrao | Fonte: Europa Press

No marco dos traballos previos o comité, tivo lugar unha videoconferencia coa dirección da empresa en Europa e Oriente na que tentaron coñecer os detalles e repercusións do anuncio de recortes realizado pola empresa. Segundo fontes sindicais, a compañía "esquivou dar resposta alegando que as medidas non están decididas".

No entanto, a firma norteamericana si adiantou que na xornada deste mércores dará a coñecer os resultados económicos deste ano e as previsións para o próximo exercicio. Unhas contas que en principio xa comunicou que son "pouco halagüeñas".

A dirección de Alcoa anunciou recentemente recortes e desinvestimentos de activos non estratéxicos, o que espertou o temor dos traballadores, que nas últimas semanas protagonizaron varias mobilizacións.

OUTROS ASUNTOS

Outro asunto que está tamén sobre a mesa é a poxa de ininterrumpibilidade que se celebrará, se non hai cambios, o próximo mes de decembro; sobre ela está tamén previsto que informe o mércores a dirección.

Así mesmo, o 20 de novembro, previsiblemente, os sindicatos van proceder á renovación dos cargos do comité, cuxo presidente actual é precisamente, José Luís Combarro, delegado de UGT en Alcoa San Cibrao, que é actualmente a única planta que ten Alcoa en España, tras a venda das da Coruña e Avilés. A próxima será unha concentración no Concello de Foz, o 4 de decembro.

Temas: INDUSTRIA ALCOA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta