As axudas da Xunta para conciliación benefician a 339 homes e familias monoparentais

A principal finalidade desta convocatoria radica en fomentar a corresponsabilidade do coidado de fillos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a relación de 339 homes e familias monoparentais beneficiarios de axudas para a redución de xornada polo coidado de fillos.

En concreto, este ano este apoio chega a 252 homes e 87 mulleres --de unidades monoparentais ou parellas de dúas mulleres--, o que supón un incremento do 21 por cento respecto da anterior convocatoria. As axudas por beneficiario van desde os 1.700 aos 3.700 euros.

A contía destas subvencións, cofinanciadas nun 80 por cento polo Fondo Social Europeo, alcanzou uns 740.000 euros, un 34 por cento máis respecto dos case 554.000 euros da anterior convocatoria.

A principal finalidade desta convocatoria radica en fomentar a corresponsabilidade do coidado de fillos. Ata agora, na maioría dos casos quen se ocupa destas tarefas segue sendo de forma maioritaria a muller. Por iso, os principais destinatarios son os homes que traballan.

Carriño do bebé. EUROPA PRESS - Arquivo
Carriño do bebé. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta