Evacuado un colexio en Ourense debido a un escape de gas

Non se rexistraron danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Un erro humano foi a causa dun escape de gas este mércores na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Ourense, que motivou a evacuación dun colexio, segundo informa o 112.

En concreto, apunta que se liberou unha gran cantidade de gas que foi arrastrada polo vento e ante isto activouse o protocolo interno de evacuación do centro, sen rexistrarse danos persoais.

Un particular alertou pasados uns minutos das 12,45 horas ao 112, que, á súa vez, puxo a situación en coñecemento da empresa subministradora do gas, os bombeiros de Ourense, urxencias sanitarias e Policía Nacional e Local.

Unha vez no lugar da fuga, os servizos de emerxencia atallaron o escape de gas e levaron a cabo as medicións correspondentes.

Rúa onde se produciu o escape de gas
Rúa onde se produciu o escape de gas | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta