A Xunta elaborará un estudo sobre a herba da Pampa para frear a súa expansión

Trátase dunha planta de alto risco de impacto na biodiversidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente elaborará un estudo cartográfico sobre a distribución en Galicia da herba da Pampa de cara a controlar a expansión desta especie invasora.

Así o avanzou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante a súa intevención este mércores nunha xornada de traballo dedicada á xestión e eliminación desta planta exótica endémica de Arxentina.

A primeira fase deste estudo atópase xa en marcha baixo a coordinación do investigador Jaime Fagúndez, quen, liderando un equipo da Universidade da Coruña, se encarga dos traballos de cartografiado da distribución desta planta por Galicia.

Deste xeito, unha vez se complete o estudo da súa incidencia e perigo en cada zona, entrarase nunha nova fase que buscará definir a forma facer fronte a esta especie, que se estende por varias áreas do Cantábrico.

Trátase dunha planta de alto risco de impacto na biodiversidade, polo que as autoridades das comunidades de Galicia, Asturias, Euskadi e Cantabria buscan abordar a súa expansión desde unha perspectiva de contención para protexer os sitios prioritarios para a coservación de especies.

Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo
Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta