O xacemento arqueolóxico de Santomé, protagonista dunha exposición en Ourense

Poderá visitarse ata o 8 de marzo na sede de Afundación de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A sede de Afundación de Ourense acolle desde este mércores, 20 de novembro, e ata o 8 de marzo de 2020, unha exposición sobre o conxunto arqueolóxico de Santomé, que se atopa a tres quilómetros da cidade das Burgas.

A exposición, organizada polo Museo Arqueolóxico de Ourense, mostra os resultados da investigación realizada por técnicos da institución sobre os acontecementos máis destacados a través dos restos materiais recuperados no proceso de escavación deste conxunto. Así, o visitante realizará un paseo pola historia deste asentamento desde o tempo dos castros ata o século V despois de Cristo.

Poderá visitarse de luns a venres entre as 17,30 e 20,30 horas. Tamén os sábados, domingos e festivos entre as 12,00 e 14,00, así como de 17,30 a 20,30 horas.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou esta "magnífica" mostra, que inclúe pezas de extraordinario valor histórico, á vez que chama a visitar o propio xacemento, "un lugar de encontro entre natureza e pasado que é unha metáfora da simbiose que ofrece a terra".

Ademais, destaca o apoio da Xunta para retomar a actividade arqueolóxica en Santomé. En concreto, acometeuse a escavación, consolidación e musealización dun sector significativo do castro, que permite profundar no coñecemento do conxunto.

Xacemento de Santomé
Xacemento de Santomé | Fonte: Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta