Dos soños á realidade

Xa choveu, mais ainda o lembro con moita claridade. Corría o 1975 e debatíase nas cortes franquistas a refoma que daría lugar a transición da ditadura á democracia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 25/11/2019

Comparte esta noticia
Como moitos mozos   daquel tempo   sabía do acontecido na guerra civil e anos posteriores. Por iso eramos  moitos os que  esperabamos con ilusión a chegada dunha época nova  onde  todo  fora mellor.  A transición foi unha realidade e, aínda  cos seus defectos, abriu paso a un tempo novo que naceu   lastrado de vellas costumes e vicios herdados. Lembro que  entón chegou a hora do compromiso político, pois abríase  un tempo pra cultura, para as reivindicacións e melloras sociais e para  que, os que viviamos no chamado extrarradio, puderamos mellorar a nosa calidade de vida. 
 
E así foi, a partires das primeiras municipais as melloras  empezaron a ser unha realidade. Deste feito todo trocou nas comunicacións, nos servizos e incluso permitiu a moitos concellos ter casa propia, cando bastantes desta provincia estaban en  condicións moi precarias.
 
Había moita ilusión e  no  eido participativo  e da veciñanza  naceron asociacións e a vida tomou un camiño  ilusionante. Mais co paso do tempo, chegou unha  nova xeneración que, descoñecedora das penurias, do  traballo  e das carencias   do pasado, pensou que todo co que se atopaba caíra do ceo e non do esforzo dos cidadáns.  Algo semellante aconteceu no eido cultural onde as ansias de mellorar, debatir sobre proxectos e ideas  e ter unha visión máis ampla e humanista da vida, tivo o seu apoxeo. Co paso dos anos aquela ilusión foi esmorecendo e na actualidade parece que hai un desleixo, sobor de todo da xuventude,  polo compromiso social e iso afecta o tema reivindicativo e cultural. Pois  en Ourense  hai poucas asociacións  e as que existen,  a duras penas se manteñen. Polo que, a xuventude actual,  ademais de descoñecer  parte importante do pasado, entrou na dinámica da ausencia de esforzo e sobor de todo deixase  levar polo  consumismo máis acrítico e a perda de ideais para afrontar un futuro que, paradoxicamente, castígaos especialmente a eles.
 
Isto que afirmo, pode parecer esaxerado, pero é unha realidade que vive hoxe con nós. Dado que, si daquela época soñabamos cun mundo onde a cultura fora a ferramenta mellor para mellorar a sociedade, a día de hoxe, a mercantilización e a desideoloxización estanos levando polo camiño contrario e, convertíndonos en masa  mercantilizada  que se emprega segundo a comenencia de quen move os medios económicos.  E no medio dese troular de mensaxes manipulados, medias verdades e contos cheos de mentiras, todos, pero os mozos máis, son as  vitimas dunha  planificada e interesada idea. E así chegamos a confundir cultura,  troula  e festa. Chegamos a despreciar e ignorar traballos bos que buscan a sensibilidade e obrigan a pensar e reflexionar sobor da vida; traballos   que son froito do esforzo e da creatividade humana; chegamos a banalizar o arte e a música e soamente nos vale escoitar o que nos machaca os oidos e fainos  perder  a sensibilidade pra discernir entre  o  gran e a palla. Os que soñamos con que a quela democracia traería máis cultura, percibimos unha realidade menos sensible e menos comprometida socialmente con moitas causas que nos farían mellorar como  seres hunanos. En fin, pasamos dun soño a unha realidade gris   que se reflexa na nosa cidade e ate no goberno que temos. De pena.

Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.
Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com