Anova avisa a Podemos e EU que En Común non ten percorrido en Galicia e pide recobrar a unidade popular

Decidirá o seu futuro o 14 de decembro, na súa IV Asemblea Nacional. A tese política proposta incide na necesidade de recompor o espazo do rupturismo "sen imposicións".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A dirección de Anova continúa apostando pola unidade popular, aínda que considera que ante as eleccións autonómicas do próximo ano debe reformularse a ferramenta para acudir aos comicios creando unha plataforma "sen imposicións" por parte das organizacións participantes e que evite caer na "fragmentación á esquerda" do PSdeG.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, e o fundador, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova do Día de Galicia
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, e o fundador, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova do Día de Galicia | Fonte: Europa Press

Trátase da idea principal do documento político enviado por Anova aos seus militantes de cara á IV Asemblea Nacional, que se celebrará o próximo 14 de decembro nos arredores de Santiago de Compostela e que marcará o futuro da organización que, tras non concorrer ás xerais de abril e novembro, destaca que as eleccións "son unha arma fundamental, non a única, pero si irrenunciable".

Na tese, a cúpula da formación nacionalista fundada baixo o impulso de Xosé Manuel Beiras en 2012, realiza unha análise da súa traxectoria e a da unidade popular desde o seu nacemento, ademais de deterse no contexto actual, marcado polo "rearmamento" do bloque conservador e a tendencia cara ao retorno do "bipartidismo imperfecto" que caracterizou a política galega ata o xurdimento de AGE.

Así, nunha mensaxe velada cara aos seus aínda socios no Parlamento galego, Podemos e Esquerda Unida, Anova avisa que non ve espazo para unha "cuarta" pata se o "mapa político-insititucional" galego camiña cara á volta do modelo imperante ata o ano 2012, cando AGE —coalición de Anova e EU previa ao xurdimento de Podemos e precursora das mareas— irrompeu no panorama político restrinxido ata entón á convivencia entre PP, PSOE e BNG.

E é que, para a dirección de Anova, os resultados dos últimos procesos electorais reflicten que o ecosistema político de Galicia camiña nesa dirección, o que non deixaría espazo para unha cuarta opción se esta non aposta pola unidade popular coa implicación de todos os axentes que ata agora viñan participando.

"Se o mapa político-institucional galego camiña cara a esa recomposición non haberá lugar para unha cuarta opción que busque unha repartición de sufraxios do reducido espazo que quede fóra do bipartidismo imperfecto. Unha opción de parte e falta de unidade, nese sentido, probablemente non sería capaz por si soa de disputar esa pequena repartición restante á esquerda do PSOE", inciden.

ANTE UNHA CITA CLAVE

A formación nacionalista encara unha cita que se antolla clave no seu futuro como organización despois da ruptura de En Marea e de non presentarse ás eleccións xerais de abril e a súa repetición en novembro ao distanciarse dos seus 'socios preferentes' nos últimos anos: Podemos e Esquerda Unida, agrupados na coalición En Común.

Estes, tras consolidar nas xerais de novembro os dous deputados obtidos en abril, reivindícanse co espazo do cambio xenuíno en Galicia. De feito, os seus referentes Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino marcaron o camiño para un hipotético reencontro da unidade popular ante as autonómicas de 2020: "O futuro pasa por En Común".

Con todo, Anova desliza na súa tese que discrepa de que En Común sexa a ferramenta adecuada para a supervivencia da unidade popular como alternativa política e expresa a súa desconformidade co trato recibido por parte de Podemos e EU nos últimos meses.

"O trato que se lle dá a Anova e ás mareas municipais foi unha mostra da vontade de minorizar e subalternizar un espazo común que a pesar de todo segue tendo un potencial moito maior do que as siglas de parte que teñen. No lugar da cooperación óptase pola imposición", remarca.

Así as cousas, consideran que existen "as condicións" para "reconstruír" unha ferramenta para acudir ás eleccións de 2020 que debe tomar como exemplo "as claves" sobre as que se articularon as mareas municipais (algo que xa se tentou co partido instrumental En Marea).

Por todo iso, e tras recoñecer que a implicación coa idea da unidade popular desde 2012 prexudicou a propia construción de Anova como organización, a dirección apela a "non abandonar" o proxecto político xurdido en 2012 tras o divorcio do nacionalismo galego, pois cren que "é necesario reforzar as posicións do soberanismo galego dentro da unidade popular". "E para iso o camiño debe ser o reforzo de Anova".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

13 xavai

Como se notan as orixes, Beiras sempre foi amigo de Ramon Piñeiro, e por tanto piñeirista, e´dicir enemigo acerrimo do nacionalismo galego, ese conto de que hai que galeguizar a todos os partidos, é a hsitoria dun fracaso continuo, xa se ve onde foron os galeguistas do Psoe e os de PP, desapareceron por completo e nunca conseguiron que a seccion galega dos seus partidos defensdese os intereses do pais, como pouco algunha migalla para poder seguir a venderse aos eleitores

12 El Ciz

Agora o resto de Podemos

11 Frecha

Noticia sobre Anova e, automaticamente, bloqueiros ladrando sobre "disolvédevos" e Amio. Qué chorprecha. Cando van superar os sipaios do BNG os seus traumas? Aburren.

1 Alienao

Cipaio eres ti, que te deixas mangonear por un chío do macho alfa.

10 Ros

BNG! Ana seria unha presidenta 10!

1 Roxalia

Iso é o que di La Vox de Galicia.

9 Manolinho Upegaio

Quedastes sen cadeiras? Disolvedevos xa, que xa aburrides.