O 66% das mulleres vítimas de violencia de xénero está sen emprego no momento de comezar a sufrila

Un informe de Adecco destaca que os xulgados recibiron en 2018 un total de 6.537 denuncias por violencia de xénero en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O 66% das mulleres vítimas de violencia de xénero está sen emprego no momento de comezar a sufrila, segundo o sétimo informe neste ámbito que realiza Adecco.

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

Con motivo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, Adecco destaca que os xulgados recibiron en 2018 un total de 6.537 denuncias por violencia de xénero en Galicia, segundo os datos rexistrados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CPGJ).

Ademais, as denuncias por violencia de xénero "seguen a tendencia xeral" e incrementáronse un 1,6%.

Engade que nos últimos cinco anos, as denuncias por violencia de xénero rexistran un aumento do 26,3% en Galicia.

O director xeral da Fundación Adecco, Francisco Mesonero, advirte neste contexto que "o traballo non é unha barreira infranqueable contra a violencia de xénero", pero observa "como se converte nun escudo de protección, ao eliminar o factor de dependencia económica, que moitas veces é o causante de que as situacións de violencia se prolonguen no tempo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta