Galicia en Común somete a consulta entre os seus simpatizantes o pacto entre PSOE e Unidas Podemos

A coalición electoral pon en marcha a consulta telemática entre este venres 22 de novembro e o martes 26.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/11/2019 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Galicia en Común, a coalición electoral formada por Podemos e Esquerda Unida para concorrer nas xerais nas provincias galegas, anunciou este xoves que consultará aos seus simpatizantes sobre o preacordo de Goberno de coalición de Unidas Podemos e PSOE. A consulta telemática farase entre este venres 22 de novembro e o martes 26.

Mitin de Galicia En Común en Ferrol.
Mitin de Galicia En Común en Ferrol.

Segundo sinalan desde a formación, o obxectivo deste proceso consultivo "diferenciado" ás bases é "coñecer a opinión dos galegos" sobre o asunto.

Este novo proceso provocará que os simpatizantes galegos interesados en participar poidan chegar a votar por partida dobre dado que o deberían facer tanto nas consultas de Podemos ou EU como na de Galicia en Común.

Os galegos abrirán o proceso, do que non especifican que sexa vinculante, o mesmo día que EU, o 22 de novembro, e un día antes que os morados, que elixiron o sábado 23 para abrir a participación. Ata o momento non transcendeu cal será a pregunta exacta que trasladarán desde a coalición galega aos seus simpatizantes, aínda que fontes da coalición indican que ao non ter censo, a consulta farase nos partidos e despois xuntarán os resultados e serán comunicados conxuntamente.

As preguntas que si foron xa coñecidas son as de EU e Podemos. Os de Garzón preguntarán 'En base ao preacordo programático de 10 puntos e o último acordo de Orzamentos Xerais do Estado, está de acordo con que membros de Esquerda Unida participen nun Goberno de coalición entre Unidas Podemos e o PSOE?'.

En canto a Podemos, a pregunta terá a seguinte formulación: 'Estás de acordo en que participemos nun Goberno de coalición nos termos do preacordo asinado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, si ou non?'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estamos de coña... nin censo, dúas ou tres plataformas e preguntas daquela maneira...! Esta é a democracia da cunquiña ! Sen contar coa manía que teñen de bloquear as contas dos disidentes cando lles dín o que non lles gusta ouvir! https://cabozo.com/taboext.php?grup...