Temas: XABARIL

A loita contra os danos causados por xabarís en Galicia contará con reforzos na estrada e as propiedades

Haberá valos reforzados fronte nas novas estradas que coincidan cos tramos de maior risco

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou este sábado que Galicia reforzará as medidas para loitar contra os danos que provocan os xabarís ao longo de todo o territorio.

Na clausura da 49º Convención Internacional de Autoesculas, Vázquez adiantou que a Xunta dotará de valos reforzados fronte ao xabaril as novas estradas que coincidan cos tramos de maior risco de aparición deste animal.

Xabaril na estrada
Xabaril na estrada | Fonte: Europa Press.

Ademais, Vázquez tamén anunciou que o Goberno galego pretende reducir a accidentalidade nas estradas a través de varias iniciativas, como os sistemas para repeler aos xabarís das próximidades da rede viaria ou o incremento de accións de caza para redicir a poboación destes animais e dos accidentes de tráfico.

Por outra banda, desde a Consellería de Medio Ambiente informouse ao Sindicato Labrego Galego que se están elaborando dúas ordes reguladoras para previr e paliar os danos producidos pola fauna salvaxe durante o próximo ano.

Así mesmo, informou de que xa existen unhas subvencións a disposición do sector primario para parliar os danos causados polo xabaril e outra para compensar os prexuízos que afectan a explotacións gandeiras. De feito, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, precisou que a Consellería de Medio Ambiente reservará preto de tres millóns de euros a axudas para os danos provocados pola fauna salvaxe en 2020.

ESFORZOS NAS ESTRADAS

En canto ao traballo nas estradas, Ethel Vázquez anunciou que durante o primeiro semestre do próximo ano elaborarase o plan de seguridade viaria 2021-2025 para "sumar esforzos a favor da redución dos accidentes por animais".

Igualmente, considera moi importante a toma de conciencia por parte da sociedade en termos de seguridade viaria e pon o acento nos "usuarios vulnerables", para os que o Goberno galego xa construíu 100 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables.

Temas: XABARIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta