Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2019 | Actualizada ás 11:44
Coa saída do ata agora portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, destino ao Senado, o 30 por cento dos escanos do Parlamento de Galicia cambiarían de ocupante respecto dos que sentaron no hemiciclo durante a sesión constitutiva da X Lexislatura celebrada o 21 de outubro de 2016.
A falta de menos dun ano para a renovación da Cámara, a única forza parlamentaria que non cambiou de caras respecto de 2016 é o BNG, mentres que o grupo maioritario, o PPdeG, concentra a maior parte das substitucións. Así, 52 deputados permanecen nos seus escanos desde o arranque a lexislatura: 26 do Partido Popular, oito do PSdeG, doce electos por En Marea e os seis do BNG.
O groso das 16 substitucións rexistradas nas bancadas do PP produciuse no arranque da Lexislatura (entre novembro de 2016 e febreiro de 2017) e están ligados ao seu papel de partido de Goberno. Así, no primeiro pleno ordinario da lexislatura xa entraron cinco novos deputados populares para substituír a outros tantos dirixentes que abandonaron o seu escano para ir á Xunta.
Pola súa banda, os socialistas galegos obtiveron un total de 14 deputados nas autonómicas de 2016. Dos deputados electos nestes comicios continúan na cámara 8, despois de que se afrontasen seis cambios.
Nos tres anos que van de lexislatura, En Marea, que foi a segunda forza en número de votos non só experimentou a entrada de caras novas, senón tamén viviu unha ruptura que, ademais de forzar o seu cambio de nome, relegouna ao terceiro lugar entre os grupos parlamentarios.
Así, das 14 actas logradas polo partido instrumental En Marea nas urnas, catro integran hoxe o grupo mixto. A elección do senador por designación autonómica que correspondía ao Grupo de En Marea pola súa condición de segunda forza foi o detonante dunha división que existía 'de facto' desde case o arranque a lexislatura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.