Morre un cazador ao disparárselle a escopeta

O suceso produciuse en Chandrexa de Queixa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Un home faleceu despois de que unha escopeta de caza se lle disparase de forma accidental na tarde deste domingo, no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa.

Imaxe dun cazador
Imaxe dun cazador | Fonte: Libera.

O home era cazador e atopábase no alto dos Chaos, na parroquia de Requeixo, cando ocorreron os feitos. Foi ás 16,00 horas da tarde o momento no que o 112-Galicia recibiu o aviso do que pasara.

En concreto, un dos seus compañeiros, tamén cazador, chamou aos servizos de emerxencias e, nada máis ter constancia do sucedido, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, de Protección Civil da localidade, do GES de Castro Caldelas e da Garda Civil.

Unha vez no lugar, os servizos médicos esforzáronse por salvar a vida ao home, pero nada puideron facer respecto diso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta