No PPdeG non contemplan unha alternativa a Feijóo para as autonómicas

O presidente provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, reitera a súa confianza en que non haxa outra candidatura que a do actual presidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O presidente provincial o PP na Coruña, Diego Calvo, non contempla unha "alternativa" que non sexa Alberto Núñez Feijóo para volver ser o candidato dos populares para a presidencia da Xunta nas próximas eleccións autonómicas de 2020.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

"Feijóo é a alternativa e non imos buscar alternativas nin de broma", sentenciou Calvo nunha entrevista en Cadena Ser.

"Estamos na idea de que Feijóo siga e repita como candidato", porque é o seu "maior activo, ten contrastado o seu apoio social e é unha persoa á que lle vota moitísima xente que, seguramente, noutros comicios poden escoller a papeleta doutro partido, pero que nas autonómicas confían en Feijóo".

Para o vicepresidente do Parlamento galego, Feijóo supón unha garantía de cara ás autonómicas e por iso evita falar dos posibles sucesores do actual presidente do Partido Popular de Galicia. Será "importante afrontalo" cando chegue o momento, "non antes de tempo", incidiu.

O que si se atreveu a valorar foron os resultados das pasadas eleccións do 10 de novembro. Para el, a campaña foi o momento de "tentar concienciar sobre a posibilidade de que moitos votos quedasen sen representación" se non ían para o PP. Con todo, admite que non foron "capaces de convencer a todo o mundo" e ese é o "traballo" que aseguran ter por diante "nos próximos meses".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta