Os manuscritos de Rosalía de Castro, voz "universal e feminista", agora en facsímiles

"Este libro concíbese como unha celebración e, ao mesmo tempo, como unha homenaxe", subliñou o presidente da RAG na presentación da obra, da que se publicarán 330 exemplares.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/11/2019 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este luns a presentación da edición especial facsimilar dos manuscritos que se conservan da escritora galega Rosalía de Castro.

Baixo o título 'Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos' de Boreal Edicións, reúnense diversas pezas da escritora galega máis universal.

O presidente da RAG, Victor Freixanes, acompañou ao editor Manuel Mariño e á artista Gosia Trebacz, autora das nove obras gráficas que inclúe esta tirada singular que xunta os manuscritos de Rosalía que se conservan.

O libro, do que se publicarán 330 exemplares, inclúe o conxunto da obra poética de Rosalía de Castro en galego e castelán, o único relato en prosa que redactou en galego e as dezaseis cartas escritas por ela exhumadas a día de hoxe (catro delas en estado fragmentario), todo isto acompañado da reprodución facsimilar dos manuscritos autógrafos da autora e a súa correspondente transcrición.

Os textos orixinais reproducidos consérvanse na Real Academia Galega, o Arquivo Municipal da Coruña, o Arquivo da Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Penzol e arquivos privados.

UNHA HOMENAXE A ROSALÍA

"Este libro concíbese como unha celebración e, ao mesmo tempo, como unha homenaxe. Non substitúe outras iniciativas, por suposto, pero o editor merece as felicitacións", subliñou o presidente da RAG na presentación dunha obra que constitúe "un esmerado produto editorial" que contén "o tesouro da palabra, unha das voces máis intensa, auténticas, comprometidas e libres da literatura de todos os tempos".

Pola súa banda, para o editor, Rosalía é unha "voz universal e feminista". E é que a escritora é unha pioneira do feminismo na literatura, por iso a presentación da súa facsimilar tivo lugar no día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta