O Aeroporto de Santiago pon en servizo un 'aparcadoiro exprés' gratuíto

Está deseñado para "estancias curtas, rápidas e áxiles", de menos de 15 minutos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Aeroporto de Santiago pon en servizo este martes, 26 de novembro, un novo 'parking exprés' xunto ao edificio terminal, que permitirá a subida e baixada de pasaxeiros de forma gratuíta se a parada non supera os 15 minutos.

Por unha banda, dixo Aena, trátase de "ordenar o tráfico" nos viarios de acceso ao aeroporto, "evitando colas e atascos", para facilitar que a operativa dos vehículos que chegan ao aeroporto a recoller ou deixar aos pasaxeiros e as súas equipaxes se poida realizar "de forma máis cómoda e segura".

Por outra banda, refórzase " a seguridade" na contorna aeroportuaria ao identificar pola súa matrícula a todos os vehículos que acceden aos viarios de acceso do aeroporto.

Na planta de Saídas (P1), o novo aparcadoiro ten dúas barreiras de entrada e dúas de saída (que se abrirán automaticamente sen necesidade de validar o ticket nos caixeiros de pago se a estancia é inferior a 15 minutos) e, entre elas, unha zona de estacionamento con 55 prazas en batería, das que dúas están destinadas a persoas con mobilidade reducida (PMR).

Na planta de Chegadas (P0), o novo aparcadoiro consta de dúas barreiras de entrada de uso xeral e outra destinada á dársena de autobuses e de dúas barreiras de saída. Na dársena de autobuses hai doce prazas para este tipo de vehículos e máis de 40 para taxis e outro tipo de vehículos. Na nova zona habilitada fronte ao edificio terminal hai 32 prazas en batería para turismos, unha delas para persoas con mobilidade reducida.

O aparcadoiro exprés está deseñado para "estancias curtas, rápidas e áxiles". Se a estancia é inferior a quince minutos, o usuario poderá saír sen necesidade de validar o ticket nos caixeiros de pago. Se a estancia supera este período, o usuario deberá abonar o pago de toda a estancia nos caixeiros de pago que existen nas beirarrúas e na propia barreira de saída.

Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos.. EUROPA PRESS - Arquivo
Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta