O PP da Coruña avala a moción de censura de Mugardos: "Os veciños non poden pagar a inestabilidade"

Os populares consideran necesario dar este paso para "solucionar os problemas do concello".

Por E.P. | A CORUÑA | 25/11/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O PP da Coruña avala a moción de censura de Mugardos e alegou que os veciños "non poden pagar a inestabilidade" do goberno local. Os populares consideran necesario dar este paso para "solucionar os problemas do concello".

Así o trasladaron a Europa Press fontes da formación que dirixe Diego Calvo, despois de transcender que os cinco concelleiros do PP e os tres do PSOE presentaron na mañá deste luns, sobre as 9,00 horas, unha moción de censura co obxectivo de apartar á actual alcaldesa, Pilar Díaz, de Esquerda Unida (EU), e que pase a ocupar o cargo de rexedor o popular Juan Domingo Deus.

A pesar de apoiar esta moción de censura, que deberá de ser abordada nunha sesión plenaria extraordinaria convocada para dentro de dez días hábiles --o 10 de decembro ás 12,00 horas--, os edís do PSOE permanecerán na oposición, tal e como mantiveron desde o primeiro momento.

O PP local, pola súa banda, xustificou a presentación desta moción de censura "necesaria" tras "comprobar que por parte do goberno que encabeza Pilar Díaz se levou ao Concello a unha situación financeira insustentable, con facturas que se deben desde máis de oito meses, a ruptura da estabilidade orzamentaria en máis de 600.000 euros e as reiteradas sentenzas xudiciais por vulneración dos dereitos dos traballadores".

Tanto populares como socialistas aseguran que antepuxeron " o ben do Concello" e dos veciños "aos intereres partidistas, porque Mugardos ten que estar por encima de todo".

Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo
Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo | Fonte: EU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A traballar

Completando a informacion a ditadora non gañou as eleccions quedou de segunda e foi elixida cos votos do SOE logo expulsou ao SOE e que pensaba que ía pasar??? Que xenia!!!! Agora a apoiar Reganosa desde a oposición