Coñece cales son as 100 tendas galegas “cos pés na Terra e os produtos na nube”

Os negocios dos pequenos concellos tamén se visibilizan na rede.

Por Galicia Confidencial | | 27/11/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Cervantes, Allariz, Vilardevós, Bueu, Fisterra, Poio ou Mondoñedo sitúanse no mapa do comercio electrónico de Galicia. A axencia Arela Comunicación Sostible, ven de publicar unha listaxe de tendas online galegas para conseguir visibilidade na Internet fronte aos xigantes da venda online, que crean postos de traballo e contribúen ao futuro de pequenas vilas e pobos.

O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.
O comercio electrónico é cada vez más importante para as empresas.

As compras online forman parte do noso día a día como consumidores, pero son os grandes marketplaces e multinacionais os que concentran a facturación e as vendas”, indican desde Arela. En Galicia, existe unha gran rede de alternativas locais, con moi boas ideas e con produtos de gran calidade.

Neste sentido, suliñan que para xestionar unha tenda online non é preciso estar nunha gran cidade, polo que nesta listaxe aparecen ecommerce repartidos por toda a xeografía galega. Este é o listado de “Máis de 100 ecommerce galegos cos pés na Terra e os produtos na nube”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta