Arrincan e abandonan a 400 metros un caixeiro automático

A Garda Civil busca xa os autores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Garda Civil trata de dar coas persoas que na madrugada deste mércores arrincaron un caixeiro autonómico dunha sucursal de Abanca en Vilardevós (Ourense) e abandonárono a uns 400 metros.

Segundo informou o instituto armado, foi o director de seguridade de Abanca quen denunciou os feitos no cuartel de Riós e explicou que ás 2,45 horas tivo coñecemento de que soara a alarma nesta oficina.

Ao comprobar que pasara, conforme sinalou a Garda Civil, observou como varias persoas descoñecidas causaban danos na sucursal levándose o caixeiro, que foi abandonado a 400 metros nunha cuneta. A Garda Civil investiga os feitos e trata de dar cos presuntos autores.

Caixeiro automático arrincado dunha sucursal de Vilardevós (Ourense). GARDA CIVIL
Caixeiro automático arrincado dunha sucursal de Vilardevós (Ourense). GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta