Multas por superar os 10 km/h

A Policía Local de Pontevedra utilizará radares móbiles para que se cumpla este límite.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra anunciou que, entre o 29 de novembro e o 5 de decembro, a Policía Local controlará con radares móbiles o cumprimento da medida de limitación da velocidade a 10 quilómetros por hora no centro da cidade.

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, asegurou este mércores en rolda de prensa que a implantación da medida ten "un grao de cumprimento moi alto" desde a entrada en vigor a finais de outubro.

Ata agora non se tramitaron sancións por exceso de velocidade, o que demostra que a iniciativa "foi moi ben acollida tanto polas persoas que camiñan como polos condutores", sinalou. "Non estamos a percibir ningún tipo de diferenza entre a limitación que antes existía a 20km/h coa de agora a 10 km/h", manifestou a concelleira do BNG.

Ademais, Eva Vilaverde advertiu que "sempre hai excepcións" e que de face a contrarrestar a "percepción de perigo" que estas producen entre a cidadanía, a Policía Local realizará unha campaña específica de control da velocidade nas rúas que forman parte da bautizada como 'zona 10'.

REUNIÓNS

A concelleira de Protección Cidadá explicou que "existía entre a veciñanza una certa sensación de inseguridade debido aos ciclomotores, en concreto sobre a velocidade dos repartidores". Ante esta demanda, a Policía Local mantén reunións coas principais empresas que empregan este tipo de sistema de repartición, para, posteriormente, reunirse cos propios traballadores afectados.

Tras as primeiras reunións, a concelleira asegurou que "a receptividade está a ser moi boa" e que, en xeral, "demostran moita sensatez e están moi sensibilizados coa normativa existente no centro da cidade".

Radar Fixo
Radar Fixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta