Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/11/2019 | Actualizada ás 20:05
O Consello da Memoria Democrática da Coruña fixouse como prioridade recuperar a Casa Cornide, inmoble en mans da familia Franco, segundo informa o goberno local tras a reunión desta entidade.
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de constitución do novo Consello que continuará cos traballos iniciados no anterior mandato de supresión da simboloxía franquista. Tamén reabrirá a Oficina de Atención ás Vítimas, que pasará a ser de titularidade municipal.
O Consello da Memoria Democrática é o encargado de abordar as actuacións destinadas á recuperación da memoria histórica das vícitmas da Guerra Civil e a Ditadura.
Entre os seus obxectivos, está que a Casa Cornide pase a ser patrimonio público. Para iso, a súa intención é que o edificio sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC) para poder abrilo ao público.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.