A Xunta ratificou que Galicia terá en 2020 as maiores oposicións en educación "da historia"

En total, ofertaranse 3.654 prazas, 2.036 de novo acceso e as restantes, de promoción interna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que Galicia terá o próximo ano as maiores oposicións de educación "da historia". En total, ofertaranse 3.654 prazas, 2.036 de novo acceso e as restantes, de promoción interna. Tras a reunión semanal do seu Goberno, Feijóo remarcou que se trata dunha "convocatoria histórica", que supera "nun 17%" á maior OPE convocada ata o momento, a de 2017.

Así mesmo, explicou que se tentará aprobar no último trimestre do ano e non no arranque de 2020 co fin de aproveitar "a certeza" que permiten os orzamentos estatais de 2017 no que respecta á regulación destes procesos e ás taxas de reposición.

"Non sabemos que ocorrerá en 2020 e cal vai ser a posibilidade das administracións públicas porque aquí ninguén garante nada", advertiu, en referencia ás incertezas do escenario político estatal, pendente das negociacións para a conformación dun novo Goberno.

Reunión do Consello da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo. XUNTA
Reunión do Consello da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta