Temas: PREMIOS TURISMO

A restauración do Pórtico, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Unesco e o Resurrection Fest, Premios Galicia de Turismo

Tamén foron recoñecidas a asociación Camiño dos Faros e a axencia Pilgrim Travel.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Un xurado presidido por Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, recoñeceu este xoves cos Premios Galicia de Turismo 2019 o proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, á axencia Pilgrim Travel, o Resurrection Fest e a asociación Camiño dos Faros.

A restauración do Pórtico da Gloria
A restauración do Pórtico da Gloria | Fonte: Fundación Barrié.

O xurado, ademais de polo presidente do Clúster, estivo integrado por representantes de Turismo de Galicia, o Consorcio Turístico de Sanxenxo, a Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, Asociación Hostalaría Compostela, Ruta do Viño Rías Baixas, Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra, Universidade de Vigo, Banco Sabadell ou Mundo Estrella Galicia.

Tras a elección, Cesáreo Pardal destacou que as máis de 160 candidaturas recibidas "demostran o altísimo nivel das iniciativas que se están pondo en marcha" en favor do desenvolvemento e promoción de Galicia como "destino turístico acolledor, innovador, de calidade e respectuoso co medio ambiente".

Os premios nas categorías de Patrimonio, Promoción, Vangarda, Evento e Sustentabilidade entregaranse o próximo 3 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, xunto co Escenario (Ribadavia), Embaixadora Nacional (Luz Casal), Embaixador Internacional (Hong-jo Chun, embaixador de Corea en España) e Pioneiro (Moncho e Paco Vilas).

Temas: PREMIOS TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 XacoNon

Autopremianse os da mafia "igrexacobea". O do Resu é pra despistar. Se a Xunta segue así xa logo o Vaticano mudarase a Compostela...