Feijóo, sobre o 'Blue Star': "Non nos gusta ter ese barco aí, pero o Goberno dinos que non hai perigo"

A "prioridade" agora, segundo o presidente da Xunta, é "colaborar" con Salvamento Marítimo e "estar a disposición" do Executivo central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que non lle gusta que o 'Blue Star', encallado na costa de Ares (A Coruña), estea onde está, pero remarcou que o Goberno lle traslada á Xunta que non hai perigo de contaminación nin para os ecosistemas da zona.

O buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE R. MONTERO
O buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE R. MONTERO | Fonte: EUROPA PRESS

"Non nos gusta ter ese barco aí, pero pola costa galega pasan 12.000 barcos con substancias perigosas dun total de 40.000, é complexo", esgrimiu o presidente galego, antes de incidir en que, en todo caso, a Administración galega está "alerta".

"Estamos avisados e alertados", esgrimiu, antes de repasar os pasos dados pola Xunta desde a pasada fin de semana e subliñar que se aplicou o plan de prevención fronte á contaminación. Así mesmo, os portos están "en alerta" ante calquera risco.

A "prioridade" agora, remarcou, é "colaborar" con Salvamento Marítimo e "estar a disposición" do Goberno central. Cando se solucione a situación, tocará realizar "a valoración".

Respecto diso, remarcou que o que traslada o Executivo estatal é que non hai perigo xa que se trata "dun barco de dobre casco, bastante novo, de oito ou nove anos de antigüidade, e que ten unhas toneladas de combustible que necesitaba para a súa propia propulsión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta