O Concello de Verín critica a "gravísima deterioración" da sanidade pública galega e pide a "supresión dos recortes"

A denuncia chega logo de que o Sergas decidisepechar o paritorio do hospital verinés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Verín (Ourense) emitiu este xoves unha declaración na que alerta do "gravísimo deterioración" da sanidade pública na localidade e reclama á Xunta a "supresión dos recortes" aplicados, entre eles o peche do paritorio do seu hospital.

Hospital de Verín.
Hospital de Verín.

Segundo recolle a declaración, esta "deterioración" da sanidade pública no municipio é "resultado dos severos recortes e privatizacións" aplicados.

"Nos últimos anos, no noso Hospital Público de Verín se foron aplicando paulatinamente recortes que levaron a unhas consecuencias tremendas: masificación de consultas, cotas desbordadas, redución de profesionais, non substitución dos mesmos, listas de espera amplísimas ou peche de axendas", denuncia o texto.

Finalmente, destacan, o anuncio por parte da xerencia da área do peche do paritorio do Hospital de Verín e das urxencias pediátricas a partir do 1 de decembro "supón privar ao Concello e á comarca dun servizo fundamental".

Por iso, condenan a "política de recortes" nesta materia, en particular o peche do paritorio, que "condena ás mulleres" de Verín a "non ter unha calidade asistencial de proximidade". Do mesmo xeito, esixen á Xunta "unha mellora dos servizos sanitarios" do concello, "pedindo a supresión dos recortes efectuados e defendendo novas melloras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentres non esixan directamente o CESE fulminante do xestor do Sergas Félix Ruibal coma fixeron aos 21 xefes de servizo demisionarios de Vigo, NON teñen nada que facer !!! Ese home por onde pasa non medra a herba !!! É un cipaio da PRIVATIZACIÓN compulsiva!!!