Detida por levar droga ao cárcere de Teixeiro nun 'cara a cara' coa súa parella

Os funcionarios localizaron na súa vestimenta "cinco landras dunha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O Destacamento de Seguridade da Garda Civil do Centro Penal de Teixeiro, situado no municipio de Curtis, en colaboración cos funcionarios do cárcere, detivo unha veciña de Culleredo como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tratar de introducir sustancias estupefacientes.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando a detida tratou de introducir sustancias estupefacientes neste centro penal durante un 'cara a cara' coa súa parella.

Durante a súa inspección por parte dos funcionarios do Centro Penal de Teixeiro no control de acceso, estes localizaron na súa vestimenta "cinco landras dunha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix", sinalaron as mesmas fontes, as cales suman un peso de 48,3 gramos.

Os funcionarios avisaron inmediatamente aos efectivos do Instituto Armado, que procederon á detención da muller como presunta autora dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos. A detida, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posta a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Betanzos.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta