Estes son os cambios na selectividade de 2020

A proba terá lugar do 9 ao 11 de xuño e ampliará o horario de exames.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A convocatoria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), anteriormente coñecida como selectividade, experimentará diversos cambios organizativos de face ao ano que vén.

O primeiro deles, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), radica na data dos exames, que se celebrarán entre o 9 e o 11 de xuño e entre o 1 e o 9 de xullo co obxectivo de que se celebren entre martes e xoves (en lugar de mércores a venres).

Así mesmo, unha das novidades será a ampliación do horario das probas, que incluirán a tarde do terceiro día. Esta franxa está reservada "para posibles incidencias que poidan xurdir", e así evitar problemas como os rexistrados o pasado ano.

Doutra banda, xuntaranse nun único proceso as reclamacións, as segundas correccións e as reclamacións á segunda corrección, que pasarán a denominarse 'revisión'. Este novo proceso permite aos interesados contar cun prazo de tres días desde a publicación das cualificacións para solicitar esta revisión nun ou varios exames. Analizarase se existiu algún erro material na proba, realizarase unha segunda corrección, entre outras medidas.

Finalmente, os chamamentos para a matrícula realizaranse en dous días coa intención de poder contar con catro antes de terminar o mes de xullo e facilitar a matrícula do alumnado. "Despois de cada chamamento, no caso de non ser chamado a matrícula, será necesario reconfirmar o interese en seguir nas listaxes da CIUG", engaden.

Probas de Selectividade. UGR - Arquivo
Probas de Selectividade. UGR - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta