Activado o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir da medianoite deste sábado.

Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou de que, a partir desta noite, espérase un temporal costeiro que afectará a estas zonas.

A Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes e paseos marítimos. Ademais, recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Temporal Marítimo
Temporal Marítimo | Fonte: 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta