Vivendas turísticas aseguran que unha comunidade de veciños "nunca pode prohibir o uso turístico" dun piso

Insiste en que o elevado prezo dos alugueres responden o gran número de vivendas baleiras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) asevera que unha comunidade de veciños "nunca pode prohibir o uso turístico" dun piso particular, porque para iso é necesaria "a unanimidade de todos os propietarios".

Por este motivo, a organización recomenda aos propietarios de vivendas de uso turístico a "recorrer calquera tipo de prohibición adoptada na súa comunidade de propietarios por ser nula".

Neste sentido, Aviturga comparou ao "usuario dun inmoble que pode causar molestias" cos inconvenientes que podería causar "o inquilino de aluguer de longa duración" ou "cando un propietario padece síndrome de dióxenes".

O que solicita a asociación neste sentido é "máis rigor e profesionalidade" a quen "fan crer ás comunidades de propietarios que están facultadas para prohibir o aluguer vacacional" e que "instan a prohibición" desta actividade en contra da vontade dos donos dos pisos.

Imaxe dun piso turístico ofertado na plataforma de Airbnb
Imaxe dun piso turístico ofertado na plataforma de Airbnb | Fonte: Airbnb

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta