Máis de medio millón de galegos xa están vacinados contra a gripe, un 6,7% máis que en 2018

Os maiores de 65 anos son o grupo prioritario que máis aumentou en participación respecto ao ano anterior, cun incremento do 3,9%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Un total de 547.581 galegos xa están vacinados contra a gripe na sétima semana de actividade da campaña de vacinación, o que supón un aumento do 6,7 por cento con respecto ao ano pasado, segundo informou a Consellería de Sanidade este domingo.

A participación na campaña, iniciada o pasado 14 de outubro e que continúa en marcha ata o 27 de decembro, xa supera neste momento do ano a cifra total conseguida en 2018. Os índices máis elevados de participación atópanse nos maiores de 75 anos, un 63,12 por cento xa están vacinados.

A estes séguenos os maiores de 65, que se sitúan como o grupo que máis incrementou o número de vacinados con respecto ao exercicio do ano anterior. Así, son un 3,9 por cento máis que en 2018 e superan as 380.000 persoas.

Entre os grupos prioritarios, destaca o aumento de participación entre persoal sanitario, un colectivo "prioritario tanto por razóns de autoprotección como de redución de risco de transmisión de gripe aos seus pacientes", segundo informa a Conselleria de Sanidade. Desta forma, ata o 28 de novembro eran case 16.000 os profesionais vacinados, máis que o número total da campaña anterior.

Pola súa banda, a cifra de mulleres embarazadas, outro dos colectivos prioritarios, aumenta en 1.080 persoas e alcanza as máis de 6.000 vacinadas.

O director xeral de Saúde Pública de Galicia, Andrés Paz-Ares, recibindo a vacina contra a gripe. XUNTA DE GALICIA
O director xeral de Saúde Pública de Galicia, Andrés Paz-Ares, recibindo a vacina contra a gripe. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta