Xulgan este mércores e xoves a dous acusados por roubar en casas das provincias de Ourense e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Dous acusados serán xulgados este mércores e xoves, 4 e 5 de decembro, por roubo con forza en máis dunha decena de vivendas nas provincias de Ourense e Pontevedra en 2018.

O xuízo terá lugar na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. A Fiscalía pide para cada un deles seis anos de cárcere por roubo "de modo sistemático e organizado". Un deles tamén está acusado de cometer un delito de falsidade en documento oficial, polo que o fiscal solicita que se lle impoñan ademais tres anos de prisión.

Segundo o escrito de acusación, a finais de novembro cometeron roubos nos municipios de Pontevedra, Mondariz-Balneario, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Moaña e Barbadás. Nestes casos levaron xoias e diñeiro, principalmente.

DETENCIÓN

Os acusados, de nacionalidade albanesa, foron detidos o 1 de decembro de 2018 na autovía A-52 cando levaban un vehículo con matrícula falsa. Un deles identificouse con permiso de conducir da República Checa "fabricado de maneira ilexítima". No maleteiro levaban unha garrafa con máis dun quilo de xoias dentro, que foron devoltas aos seus donos.

Xuízo contra un dos procesados por pertencer a unha banda de ladróns
Xuízo contra un dos procesados por pertencer a unha banda de ladróns | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta