Alfonso Rueda advirte: "Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país"

Cualifica de "centro dereita" os votos conseguidos por Vox en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou "a unidade e a forza" do PP galego e lanzou unha advertencia a outras formacións: "Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país".

Así se pronunciou o tamén vicepresidente da Xunta durante unha comida de Nadal celebrada este domingo en Ponteareas, á que asistiron unhas 300 persoas, ademais do número dous do partido por Madrid, Ana Pastor, e outros dirixentes.

Neste contexto, Rueda lembrou que nas eleccións do 10 de novembro houbo un total de 60.000 persoas da provincia que optaron por outras "opcións de centro dereita". "Foron votos tirados ao lixo, porque non obtiveron representación, igual que pasara na convocatoria de abril, e acabaron favorecendo ao PSOE", sinalou, respecto diso de Cs e Vox, que non conseguiron ningún escano nin pola circunscrición nin por Galicia.

Tras alertar de que isto pode ocorrer tamén nas eleccións autonómicas previstas para o outono do 2020, o presidente provincial subliñou ao PP como un partido "de centro, reformista e galeguista". "Somos o partido que máis se parece a Galicia", afirmou, á vez que valorou os resultados nas xerais de novembro, nas que o PP obtivo por Pontevedra un deputado e un senador máis que nas de abril, mentres que o PSOE baixou nun representante na Cámara Alta.

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, o número 2 por Madrid, Ana Pastor, e a portavoz municipal, Belén Villar, nunha comida de Nadal con simpatizantes.. PP
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, o número 2 por Madrid, Ana Pastor, e a portavoz municipal, Belén Villar, nunha comida de Nadal con simpatizantes.. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 estonian army

E evidente que si, pero claro no partido pepeiro agora dividido en 3 (trifacista) non pode andar presumindo de nada moitos militantes e dirixentes médicos como o propio naziscal veñen do pepeiro e foron promovidos a grandes regalías pola propia dirección do pepe e agora son doutro partido pois o populeta partiuse e tres cachons diverxentes e "aparentemente enfrontados" anque despois fan pinza de poder como e o caso de al-andalus onde comparten mesa e mantel e primer prato, segundo e postre café e puro facista... en alguns casos dan exemplos deplorables como o pacto en HORROURENSE con "demodesgracia chabacana" o pepeiro xa non e exemplo de boa gobernanza un proxecto tatalmente acabado sen futuro... a maquina esta vella o ferruxe chega ata a directiva! os "frijoles" xa están pasados