Temas: NADAL PONTEVEDRA

Pontevedra súmase á competición en luces de Nadal

Inclúe máis luces, catro árbores e dúas bólas xigantes.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 02/12/2019 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Pontevedra súmase á competición das luces de Nadal nas cidades, iniciada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. A concelleira de Festas de Pontevedra, Carme da Silva, presentou este luns a programación do Nadal da Boa Vila que arrincará o xoves 5 de decembro ás 18,00 horas co aceso da iluminación decorativa que inclúe máis luces, catro árbores e dúas bólas xigantes.

Nadal en Pontevedra
Nadal en Pontevedra | Fonte: Contando Estrelas en Flickr.

Da Silva sinalou que "vai haber máis zonas con luces e máis luces nas zonas nas que xa as había". Estréase a iluminación decorativa en rúas como Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Avenida da Estación, Josefina Arruti, Avenida de Vigo, María Victoria Moreno, Xeneral Rubín, Loureiro Crespo ou Avenida de Lugo.

A concelleira anunciou que o acto de aceso levará a cabo na Praza da Ferrería, punto onde se sitúa unha árbore luminosa de 20 metros de altura, cunha actuación musical e un "espectáculo aéreo sorpresa", comentou Da Silva.

Ademais, haberá outra árbore de luz de 10 metros na praza de Curros Enríquez e dúas máis de sete metros de altura nas prazas de Méndez Núñez e do Hospital Provincial, así como dúas bólas xigantes fronte á Audiencia Provincial e no cruzamento das rúas Peregrina e Daniel de la Sota.

En total a instalación dos paneis de luces inclúen 386 motivos repartidos por toda a cidade, desde o centro histórico ás parroquias, un traballo desenvolvido pola empresa Porgesa, de Puente Genil, cun orzamento duns 115.000 euros.

Temas: NADAL PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta