Evacuado en helicóptero un traballador tras caer dun tellado na Estrada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Un operario foi evacuado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tras precipitarse mentres realizaba o seu traballo nun tellado do lugar da Carballeira, no concello pontevedrés da Estrada.

Así o informou o 112 Galicia, que explicou que tivo constancia do incidente ás 12,15 horas deste martes. Segundo os datos facilitados por profesionais sanitarios, o operario sufriu unha caída desde, aproximadamente, catro metros de altura, ao tratar de baixar dunha estada.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero e trasladaron ao ferido ao Hospital Clínico de Santiago.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Por parte do 112 alertouse tamén aos membros do GES da Estrada e de Protección Civil.

Helicóptero medicalizado
Helicóptero medicalizado | Fonte: JCYL

O 061, ademais do helicóptero medicalizado, mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria da Estrada para atender ao ferido, C.L.D., de 60 anos, evacuado ao Hospital Clínico na aeronave.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta