Critican o Grupo Malasa por "desmantelar e precarizar" as condicións laborais do persoal

O comité de empresa da firma Noa Madera Creativa (Fene) leva as súas protestas ao municipio coruñés de Cambre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Representantes do comité de empresa da firma Noa Madera Creativa, situada no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene, denunciaron as decisións do novo propietario desta empresa, o Grupo Malasa, para "desmantelar este centro de traballo e precarizar as condicións laborais dos seus operarios".

Estas manifestacións realizáronas este mércores, 4 de decembro, na concentración que secundaron no municipio de Cambre, ante as instalacións onde comezou a súa actividade este grupo, que agora conta tamén cun centro produtivo no polígono de Cerceda, e na que se deron cita delegados de CIG, CCOO e USTG.

Así, aseguraron que desde o ano 2018, cando o Grupo Malasa adquiriu a empresa Noa Madera Creativa, dedicada sobre todo á montaxe de tendas para clientes como o grupo Inditex ou a marca de roupa deportiva Adidas, viñéronse produción "despedimentos individuais e a non renovación de contratos eventuais, para substituílos por persoal contratado a través de Empresas de traballo temporal (Ett) en peores condicións".

INTENTO DE ERE

Segundo aseguraron os representantes dos traballadores, esta actitude "iniciouna o Grupo Malasa despois de pretender aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo para preto de 100 empregados tan só un mes despois de adquirir a empresa, e que non frutificou grazas á mobilización e á imposibilidade de xustificar a dita medida".

Tamén denunciaron que nos últimos días moitos traballadores das instalacións situadas na comarca de Ferrolterra reciben cartas nas que se lles informa que, "debido á mala situación económica pola que está a pasar a empresa, as súas condicións van ser modificadas, mentres outros están a ser trasladadas ás instalacións que o Grupo Malasa ten en Cerceda".

Por iso, delegados concentráronse ante a sede da compañía para mostrar o seu rexeitamento ao seu proceder e forma de actuar.

Concentración ás portas dun centro de traballo do Grupo Noa Madeira Creatia.
Concentración ás portas dun centro de traballo do Grupo Noa Madeira Creatia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta