Dúas curtas nomeadas aos Goya compiten no Festival de Verín

Trátase de Homomaquia, de David Fidalgo, e Suc de Síndria, de Irene Moray.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Dúas das curtas nomeadas aos Premios Goya 2020 proxéctanse estes días no Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV. “Isto constitúe unha proba irrefutable da calidade da programación que compón o noso certame” considera Carlos Montero, director do Festival.

David Figalgo fala no Festival de Curtas de Verín
David Figalgo fala no Festival de Curtas de Verín

Unha destas curtas nomeadas aos Goya é Homomaquia, que dá a coñecer un mundo onde os seres humanos son tratados igual ca estes tratan aos animais, establecendo unha ligazón coa tauromaquia. O seu director, David Fidalgo, estivo en Verín para compartir co público presente no Auditorio a experiencia de filmar esta curta, que consta de máis de 8.000 debuxos pintados en papel reciclado. “Sentinme inspirado pola proximidade da praza de touros á miña Facultade, en Pontevedra. Podía ver os espectáculos que se montaban no verán e parecíame incrible o ambiente de alegría e festa arredor de algo tan cruel”, declarou o director da curta. A obra de animación é todo un berro a favor da liberdade.

Durante a semana do festival, proxéctase tamén a concurso Suc de Síndria, dirixida por Irene

Moray, que conta tamén cunha nominación aos Goya na categoría de curtas de ficción. A obra

conta a historia de Bárabara e Pol, que marchan uns días de vacacións, rodeados pola natureza, e atopan un lugar onde poderán gozar da súa intimidade, curar vellas feridas e

redifinir a súa sexualidade.

CÁMARA E BATUTA

A axenda de actividades paralelas ao certame segue a súa marcha con moi boa acollida. O público encheu o recinto do Auditorio para presenciar a iniciativa “Cámara e Batuta”, que propoñía –da man de Edelmiro L. Mateo, director da Coral Polifónica de Verín -, unha viaxe a través dalgunhas das bandas sonoras máis recoñecibles da historia do cinema para analizar a evolución na relación entre “dúas artes íntimamente ligadas, como son a música e o cine”.

Mateo fixo un alegato a favor da música na súa intervención sinalando que “é imposible” vivir sen ela. “Está presente en cada momento e, grazas á musica, a humanidade respira distinto”, considerou. A actividade completouse con actuacións da propia Coral de Verín e da Agrupación Instrumental Infantil do Conservatorio da vila, dirixida por Miguel Ángel Guerra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta