Así é o rexistro público de propietarios de bosques de frondosas galegas

Bidueiros, ameneiros, freixos, cerdeiras, pradairos, nogueiras, carballos, cerqueiras ou castiñeiros poderán formar parte deste rexistro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba este xoves a posta en marcha do rexistro público da masa de frondosas galegas. Un rexistro que contabilizará as masas forestais superiores a 15 hectáreas e que sexan, principalmente, con especies típicas de Galicia como os bidueiros, ameneiros, freixos, cerdeiras, pradairos, nogueiras, carballos, cerqueiras ou castiñeiros.

Souto de castiñeiros
Souto de castiñeiros | Fonte: galiciaunica.es

Así, os propietarios que queiran formar parte deste rexistro teñen que posuír árbores de máis de 20 anos e que, sexan, maioritariamente, frondosas. Así, dentro desas 15 hectáreas ou máis de masa forestal, cando menos, o 80% teñen que ser especies autóctonas. 

Este rexistro, segundo apuntou Feijóo, servirá para priorizar as axudas ás plantacións de árbores autóctonas que tamén teñan un rendemento económico para o seu uso como madeiras nobres, por exemplo. 

Actualmetne as frondosas ocupan 415.000 hectáreas, o que supón, segundo a Xunta, o 20% do territorio forestal de Galicia. "Unha masa que vai crecendo cada ano", suliñou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xandasbolas

Unha masa que vai crecendo....20% Non e postverde e directamente MENTIRA. Amais de INCOMPETENTE E INUTIL.MENTIROSO.

1 xandasbolas

Farsa total.Temos o eucaliptal meirande do Mundo.mais eucaliptos que Australia.