O PP de Pontevedra critica a BNG e PSOE "por negarse a pór a bandeira de España escusándose nas luces de Nadal"

Os 'populares' solicitaron que se colgase da casa consistorial con gallo do 41 aniversario da aprobación da Constitución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O PP de Pontevedra criticou ao goberno local, formado por BNG e PSOE, por "negarse a colocar a bandeira de España no Concello escusándose nas luces de Nadal".

Concello de Pontevedra
Concello de Pontevedra | Fonte: Bene Riobó en Wikipedia.

"Do BNG podiamos esperalo, pero do PSOE esperabamos vontade propia e crítica para dar un paso á fronte e que mostrase respecto cara á nosa Constitución e todo o que iso leva", asegurou a concelleira popular Pepa Pardo.

O PP local sinala que solicitou ao Concello que colgase da casa consistorial unha bandeira española con motivo do 41 aniversario da aprobación da Constitución.

Os populares lamentan que o goberno local respondese que o balcón "está ocupado coa decoración de Nadal" e afirman que "é obvio que ambas as cousas caben".

"Outra cousa é a vontade do BNG e do PSOE de facelo, que parece non gustarlle nin apreciar a nosa Constitución, que recolle os dereitos de todos os españois", incidiu Pepa Pardo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta