O BNG dá marcha atrás e non acudirá á rolda de consultas con Felipe VI

Critica "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual. A presidenta do Congreso anunciara este mércores que ERC, Bildu e as CUP non irían á consulta, pero non citou ao BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou non participar na rolda de consultas de Felipe VI sobre a investidura do presidente do Goberno central. Unha decisión que se produce logo de que a presidenta do Congreso, Maritxell Batet, anunciara este mércores a prensencia do BNG nesas consultas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa | Fonte: BNG.

O Bloque Nacionalista Galego apunta que a decisión do Bloque "non só parte da súa profunda convicción republicana e soberanista", senón tamén por avaliar "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual.

"Nun momento de profunda involución democrática no Estado, no que se están pondo en cuestión dereitos fundamentais e liberdades públicas, Felipe de Borbón asumiu un rol determinante neste proceso, especialmente contra as nacións que formamos parte deste Estado e contra o exercicio dos dereitos colectivos, como é o de autodeterminación, que como tales nos corresponden", subliña.

Ademais, engade que resulta "cada vez máis inxustificable" o mantemento dunha institución "anacrónica" como a monarquía, "incompatible cun sistema que se queira democrático". A xefatura do Estado, para os nacionalistas galegos, "debe ser electa polos cidadáns". "Non se sostén en parámetros democráticos unha xefatura do Estado hereditaria e vitalicia e, no caso español, reinstaurada polo ditador Francisco Franco", reproba.

Por iso, para o BNG, "é o momento de avanzar en dereitos e liberdades, tamén nos colectivos como pobo". Reafirma o seu compromiso coa defensa dunha "Galicia con plena capacidade para decidir por si mesma sobre os seus asuntos de maneira soberana como premisa para poder construír un país novo, libre e próspero".

Por último, reitera que ese compromiso "se plasma en que fronte a este Estado español unitario e cada vez máis autoritario que encarna a monarquía", o Bloque opta por defender "unha Galicia soberana e republicana".

REGO, CITADO DOS PRIMEIROS

A reelixida presidenta do Congreso, Meritxell Batet, acudía este mércores ao Palacio da Zarzuela para dar conta ao Xefe do Estado da sesión constitutiva da nova Cámara xurdida das eleccións xerais do pasado 10 de novembro e para entregarlle a lista cos 19 partidos políticos que participarán nas consultas.

Nesa lista inicial apareceía o BNG pero non ERC, nin Bildu, que veñen 'plantando' a Felipe VI na rolda de audiencias que realiza cos representantes políticos para constar se pode ou non propor un candidato á Presidencia do Goberno, pero tampouco as CUP.

De feito, e conforme á axenda difundida pola Casa Real, o primeiro en acudir a ver a Felipe VI será o deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, o martes 10 ás 9,30 horas. Ás 10,15 irá o deputado de Teruel Existe, Tomás Guitarte, que se estrea no Palacio da Zarzuela.

Ás 11,00 horas está citado o Partido Rexionalista de Cantabria (PRC), representado polo deputado José María Mazón; ás 11,45 horas estao Néstor Rego do BNG e ás 12,30 será a quenda do deputado de Compromís, Joan Baldoví.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

1 TOME

En que beneficia ao Bng iso??? Deberdade queredes chegar a ser maioria social??Coñeces a realiades social Galega?? Demostras que non tes nin perspicacia nin itelixencia politica.