A aplicación móbil perfecta para organizar viaxes en Galicia

GalApps, a compañía especializada en aplicacións para móbiles no idioma galego, lanza "Imos? – A guía social máis xenuína de Galicia". Trátase dunha guía social de enoloxía, gastronomía e tempo de lecer. Os promotores explican como a ferramenta dá conta de "furanchos, tabernas,sitios de tapas, casas de comidas onde gozar dun bo viño da casa (Albariño, Ribeiro, Barrantes...) e degustar comida da terra".

Por Galicia Confidencial | | 02/08/2012 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Hai uns meses esta empresa lanzou ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego, aplicacións para móbiles con Android e iOS. O galego, con estas GalApps, converteuse na primeira lingua en dispor dunha suite de aplicacións para as dúas principais plataformas móbiles. Polo de agora, entre as tres aplicacións nas dúas plataformas, suman máis de 15.000 descargas, segundo datos da empresa.

Agora en 'Imos?' hai información sobre máis de 900 praias galegas, puntos de información turística na comunidade galega, ademais dos locais hostaleiros.

Imos, de Galapps
Imos, de Galapps

Todos os lugares están situados nun mapa, o que fai de 'Imos!' unha ferramenta moi recomendábel para organizar escapadas neste verán. A ferramenta está en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e permite ao internauta subir información sobre novos lugares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xan soares

moi be, moi ben. Parabéns.

1 saña

Moi boa iniciativa, adiante, proxectos como este fan moitisima falla.