Defensor do Paciente critica que a Sociedade de Pedriatras avale o peche do paritorio de Verín

Cualifica as súas manifestacións de "perigosas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O Defensor do Paciente cualificou de "perigosas" as manifestacións da Sociedade de Pediatría respecto da "inviabilidade" do paritorio do hospital comarcal de Verín. En concreto, a esta asociación "asómbranlle" e "preocúpanlle" as declaracións da Sociedade de Pediatras de Galicia na que avalan a "non viabilidade de Verín".

Con iso, advirte, "responsabilízanse publicamente dos sucesos que poidan acaecer ás parturentas e bebés, xa que parece obvio que se pon á beira da administración esquecendo un perigo latente, na distancia dunha hora para parir".

"Estas manifestacións non son propias dos que deben velar non polos recortes se non pola seguridade de nais e bebés", recalca o colectivo a través dun breve comunicado remitido aos medios. A decisión do Sergas de pechar o paritorio de Verín, medida para a que se basea en informes de carácter técnico, provocou gran contestación social e política.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta