Dous feridos nun choque en Vilagarcía que cortou a N-640

Unha delas de consideración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2019 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous vehículos ocorrida ás 10,00 da mañá deste domingo en Vilagarcía de Arousa saldouse con dúas persoas feridas, unha delas de consideración.

Segundo informan fontes do 112 a Europa Press, foi Urxencias Sanitarias-061 quen deu o aviso do sinistro e indicou que unha ambulancia se desprazaba ata o punto debido a que podía haber afectados.

O sinistro obrigou a cortar a circulación da N-640 por ambos os carrís durante uns 20 minutos, indican fontes de Protección Civil. A vía quedou completamente restablecida pouco antes das 11,30 horas.

O choque saldouse con dúas persoas feridas, unha de carácter leve e outra de consideración. Segundo asegura o 112 Galicia, non foi necesario liberar a ningún dos ocupantes dos vehículos.

Do accidente foron informados os bombeiros de Vilagarcía, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta