A Xunta abre o prazo de inscrición para a XI edición de 'Parlamento Xove'

Trátase dun programa de debates dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO, de 1º e 2º de Bacharelato e das tres universidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2019 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abriu o prazo ata o 10 de xaneiro para participar no XI edición de 'Parlamento Xove', un programa de debates dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO, de 1º e 2º de Bacharelato e das tres universidades.

Segundo informa a Xunta, esta iniciativa do departamento dirixido por Cristina Pichel busca "potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias". Para as etapas de Secundaria e Bacharelato, serán 48 equipos --24 por categoría-- formados por catro alumnos e un profesor como coordinador. Haberá dúas fases: unha primeira clasificatoria, da que xurdirán oito grupos gañadores; e unha fase final entre estes últimos.

A dificultade da actividade radica en que cada equipo coñecerá a súa postura, a favor ou en contra da cuestión proposta, cinco minutos antes de cada encontro de debate. O tema concreto darase a coñecer a partir deste luns, 9 de decembro.

Os gañadores de cada categoría recibirán unha viaxe valorada en 5.000 euros. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os mellores oradores e os mellores artigos de investigación en cada unha das dúas categorías.

No caso dos estudantes universitarios, poderán participar un máximo de oito equipos que deberán estar conformados por entre dous e catro estudantes. A competición contará tamén con dúas fases: unha primeira clasificatoria e unha fase final de eliminación directa.

En canto aos premios, o grupo gañador recibirá unha viaxe valorada en 2.500 euros e os participantes tamén poderán optar a unha mención especial e a un agasallo de mellores oradores.

Alumnado nunha aula. UPCT - Arquivo
Alumnado nunha aula. UPCT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta