Ferida unha persoa tras saír da vía e invadir a rotonda de acceso á AG-11 en Dodro

O ocupante do vehículo, de 74 anos, necesitou asistencia médica e foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida e foi trasladada na mañá deste luns despois de saírse da vía co seu coche e invadir a rotonda de acceso á AG-11 no termo municipal de Dodro.

Segundo informou o 112 Galicia, para socorrer á persoa ferida por parte do servizo de emerxencias solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro, que descartaron empregar o equipo de excarceración ao comprobar que o condutor foi capaz de saír do coche polos seus medios.

Este accidente rexistrouse ás 8,40 horas deste luns e foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia para avisar dun vehículo accidentado na saída da AG-11, dentro da rotonda.

Con estes datos, activouse un operativo composto por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Boiro ante a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior. Con todo, o condutor e único ocupante do turismo abandonou o vehículo polos seus propios medios e os bombeiros descartaron intervir.

No entanto, o ocupante do vehículo necesitou asistencia médica, polo que foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario, indicaron as mesmas fontes.  En concreto unha ambulancia de soporte vital básico levou ao home J.M.A., de 74 anos, ao Hospital Clínico de Santiago, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta